jueves, 18 de octubre de 2012

Benvidos ao meu blog.



Hola, antes de nada darvos a benvida ao meu blog,  son Deisi, Licenciada en Maxisterio, con varios cursos de Inglés e con un ano de Historia da Arte. Apasioname todo o relacionado co mundo antigo, é dicir, os monumentos; a música,ler libros e como non sair Festa cos amigos ….. Resido en Mazaricos.
Este blog consistirá nunha descripción de Mazaricos para dalo a coñecer: todas as actividades realizadas nel, as festas, os sitios turísticos, etc..... 

Un dos monumentos destacados é o Dolmen da Mina da Parxubeira:

                                                              



Arredor de cinco mil anos de historia, datado entre o IV e III milenios a. C. Forma parte dunha necrópolis de catro túmulos composto por unha cámara poligonal e un corredor. Por desgracia falta parte da estructura dado que escasea da lousa de cobertura da cámara e unha de soporte. A mámoa tivo un diámetro de entre 19 e 22 metros e contaba cunha coiraza de pedras. Ao  facer as excavacións foron atopados  diversos restos polo que destaca unha colección de cerámica.
A Mina da parxubeira, tamén coñecida como dolmen de Corveira está situada na localidade de Corveira, parroquia de San fins de Eirón,  no concello de Mazaricos.
                                         Imagen
Levan anos intentando reconstruilo pero ao parecer ainda non chegou o dia axeitado para poñer máns obra. Realmente é unha mágoa que se deixe deteriorar un monumento asi dado que o patrimonio oferta varias axudas destinadas a reconstrucción de monumentos en deterioro de feito aqui vos deixo unhas noticias que a dia de hoxe ainda  non vin ningun fruto.
                    Imagen             Imagen

Un saúdo a todos os meus "followers" seguirei añadindo máis información e espero levar a cabo esta reconstrucción.